Un xuño de cores

 Ó longo deste mes de xuño, a horta está espectacular, distintas cores adornan as nosas parcelas.

Os nosos amorodos están cheos de azucre e cun sabor espectacular.

A variedade silvestre, que tamén cultivamos (os nosos amarotes) este ano conseguiron un tamaño moi decente, e con ese sabor particular que teñen.

As pitas, brancas, grises e negras, que naceron a mediados de marzo xa están socializando cas outras poñedoras que tiñamos.

Os porros, cebolas e allos, tinguen de verde as parcelas que ocupan.

 Distintas tonalidades de verdes. Os allos collerémolos dentro de poucos días.

As cebolas, un pouquiño máis tarde, ainda. Esperaremos a que empece a secar a folla.


As que si xa están listas para coller son esas fermosas mazás San Xoán branca, a ver se este ano a pega marza nos deixa apañar algunha, porque en cuestión de dous tres días, son capaces de papar todas as da maceira. A natureza sempre pode máis ca nós.







Comentarios

Publicacións populares