A Finca


Pulsar na imaxe para aumentar


Finca o Castelo está situada en pleno val do Río Mero, no lugar de Boucello, en Leiro - Abegondo (A Coruña), e ten unha superficie de 4500 m2.

Esta finca, adicada a labradio ata fai unha ducia de anos, actualmente atopábase invadida pola maleza, co que houbo que facer un gran traballo de desbroce para rehabilitala ó seu uso.

Unha vez desbrozada empezou o traballo de replanteo.

En primeiro lugar, foron prantadas máis de sesenta froiteiras autóctonas, de distintas variedades, contando entre elas con 14 variedades distintas de maceiras, unhas 6 de cerdeiras, 6 de pereiras, 4 de cítricos e varias de ameixas, pexegos, etc...

A día de hoxe, temos un total de 80 froiteiras e varios castiñeiros repartidos pola finca. 

Nun principio esta finca íbamola a a adicar exclusívamente a froiteiras, pero cómo éstas tardarían uns anos en dar os seus froitos, decidimos plantar horta nas parcelas entre froiteiras.

Empezóuse a preparar o terreo, aboando,  e chegaron as primeiras prantacións hortícolas: cebolas, leitugas, berenxenas, fresas, cenouras, etc...

Tamén prantamos millo e patacas.

Por suposto os tomates e os pementos non podían faltar.

No ano 2017 introducimos as primeiras galiñas na finca, sobre todo ca función de producir esterco de galiña para os nosos bancais e colaborar no desherbe das parcelas.

A finca está rodeada por carballos e castiñeiros da nosa propiedade e por piñeiros da finca colindante.

Ademáis de Finca O Castelo en Leiro-Abegondo, tamén temos unha finca en Ledoño (Culleredo),  na que, sobre todo, collemos mazás e algunhas leitugas.

Asimesmo traballamos outras fincas cedidas por veciñ@s.


Comentarios

Publicacións populares