Aumenta a familia

Esta semán, unha boa amiga, agasallóunos con unha fermosa galiña de Mos, e con tres pitas de Mos.


Como sabedes, é unha raza autoctona que está en gran expansión no noso país.

Teñen unha pequena cresta e son galiñas de bo tamaño
.

Nada máis chegar, xa puxo un ovo cada día.

As pitas, de momento, están nun fogar no interior, mentras non medran e se acostrubran ó noso clima.


As outras galiñas, móstranse moi curiosas ca presenza da nova no grupo, e menos mal que está separada delas de momento, porque xa a andan rondando para peteirala. Asi son elas e as súas xerarquías. As recén chegadas sempre pagan o pato, bueno, ou a galiña !!!!


Comentarios

Publicacións populares