As galiñas contentas agradéceno!!!

Despóis de ampliar o parque das galiñas, poñerlle a súa piscina para baños de area e cinza, poleiras para subirse, unido, por suposto ó tempo soleado, parece que elas nolo queren agradecer empezando a aumentar a súa posta.


Cómo diría Currás, de Maréas Vivas, estas galiñas ata parecen estudiadas.


Ademáis só están mantidas con millo, casi todo de colleita da propia finca, ainda que en canto se acaba vémonos obrigados a mercalo, verdura e miñocas e bichos que atopan.

A porta dos galiñeiros está aberta as 24 horas do día, elas entran e saen cando queren.

Ó andaren por fora todo o tempo, fai que luzcan un plumaxe totalmente limpo.


E de vez en cando sorpréndennos con ovos tamaño XXXL.


Comentarios

Publicacións populares