Máis habitantes en Finca O Castelo

Moitas grazas a Susana, de Guísamo,  por agasallarnos con estes catro coelliños que nos alegrarán algo máis o día na Finca ó tempo que aproveitaremos o seu esterco para abonar os cultivos.


Xa están dentro do seu recinto provisional, que iremos mellorando nas vindeiras semáns.


Os cans, Bruce e Jagger, de momento están "demasiado interesados" neles. Non lles quitan ollo. Esperemos que lles vaia pasando como aconteceu cas galiñas.

Benvidos a Finca O Castelo, coelliños!!!!

Comentarios

Publicacións populares