Félix causa danos na finca

O temporal Félix, ou borrasca, como lle chaman agora, cebóuse bastante na Finca O Castelo e  causou varios danos.

Levantou toda a cuberta do invernadoiro do viveiro e rompéuna por varias partes.


Arranxámola provisionalmente cun remendo, pero moi precario.

Destrozou a plantación protexida de coliflor e brócoli que estaba dentro para preservala das xeadas.

Tamén levantou os microtuneles, rompendo o plástico dun deles.

Quitou todas as cubertas para as xeadas que tiñan os pequenos cítricos plantados o ano pasado.

Tivemos que melloralas e reducir a resistencia ó vento.


Nos marxes da finca, rompeu varios carballos. Teremos que podalos en breve.

Como decía un pequeno empresario portugués que me veu facer uns traballos á finca cando se lle averiou o tractor:

- "Para o pobre, sempre é noite!!!

Pero non nos imos desanimar por estes pequenos problemas.

Avante toda!!!

Comentarios

Publicacións populares