Cores a principios do outono

Xa estamos no outono, novembro, un mes no que as cores marrón e gris imperan nos montes e no ceo.

Ainda que en Finca O Castelo ainda desfrutamos das cores vivas, coma estas variedades de vermello de fresas, pementos do piquiño e tomates.

Ou as fermosas espigas de millo do país.

Ata o verde dunha das últimas leitugas da tempada de vran.


Os pementos do piquillo que sementamos de maneira experimental resultaron exquisitos, ainda que este ano con pouca carne.

As navizas dunha das parcelas seguen medrando, dentro de pouco xa estarán listas para coller.

As que si empezamos a coller son as cabazas, tamén de vistosas cores, e por certo, ideais para facer unhas sabrosas cremas de cabaza.

Comentarios

Publicacións populares