Preparando e colleitando

Xa estamos en xullo e, coma sempre, temos que repartir o tempo entre traballar na infraestructura da finca e traballar a horta, porque xa hai que empezar a recoller varias cousas.

As sandías levan bo ritmo, e as cabazas empezan a medrar.

Seguimos preparando bancais ben aboados.

As berenxenas groman fermosas, non chove casi nada, e para elas vailles ben o clima.

As cenouras presentan formas raras, pero de sabor están esquisitas. Cousa do terreo, posíblemente, que no estaba demasiado mullido.

Empezamos a cachear as patacas nunha das parcelas. Teñen boa pinta, pero pouca cantidade.

Os tomates tamén empezan a estar listos, os cherry, os primeiros en sair.



Hai que coidar tamén as froiteiras e facemos un desherbado para que respiren e medren sen competencia das malas herbas.

Tanto traballo, déixanos cansados, polo que tamén aproveitamos uns palets para facer este estupendo sofá no que descansaremos e xantaremos.


Alguén xa aproveitou para darlle uso.


E mentras estamos sentados ollamos como traballa a máquina desbrozadora nunha parcela que de momento ainda tiñamos sen utilizar. Hai que ir pensando no uso que lle imos dar.


Comentarios

Publicacións populares