Empezando a plantación de froiteiras

Unha vez desbrozada toda a finca, pasóuselle unha fresadora para remover un pouco a terra e enterrar á súa vez os restos do desbroce para que pasen a compostarse ca terra.


En xaneiro empezamos a plantación de froiteiras.

As froiteiras foron adquiridas na súa maior parte en Viveiros O Pomariño, que me foi recomendada pola súa gran variedade de froiteiras autóctonas.

O 95% das froiteiras que se prantaron son autóctonas. Entre elas hai 15 variedades distintas de maceiras, 4 de pereiras, 5 de cerdeiras, 2 de pexegueiros, 7 de ameixeiras, froitas da paixón, 4 de cítricos, castiñeiros, etc...

As plantacións fixéronse cuns marcos bastante amplos para facilitar o crecemento e que as árbores non se xuntaran moito.


A finais de xaneiro viñeron uns días moi frios, con xeadas matinais, que puxeron a proba ás novas froiteiras e ó plantador.










Comentarios

Publicacións populares