Precisamos axuda

Xa levamos desbrozado manualmente casi catro ferrados pero a selva vólvese impenetrable.

Temos que pedir axuda. Chamamos ó tractor.

Mentras non ven, botamos os días facendo refuxios para os paxariños, non vaia a ser que algún tivera o seu niño nas silveiras e quedara sen él para a primavera. Por suposto, todos feitos de madeira reciclada.


Colgamos os niños nos castiñeiros e carballos que deixamos nos lindes da finca.


O tractor é impresionante, 320 CV bruando no silencio do monte. En poucas horas fai o traballo que a nós nos levaría semáns. E ademáis ben feito. Valeu a pena.


A maioría das árbores que había pola finca, e que naceran libremente dende que a finca deixou de ser traballada, foron respetadas, trasprantándoas ás marxes e a outras partes da finca para que non interferiran nas zonas destinadas á prantación. As alóctonas taláronse.

Chegan a xiadas, temperaturas pola mañán de 0º C.


Imos a polas froiteiras para plantar. Escollemos a Viveiros o Pumariño, na Capela, polas referencias que nos deron deles e de que comercializan moitas froiteiras autóctonas.

50 árbores de distintas especies e variedades, a maioría autóctonas, será a primeira fase da plantación de froiteiras.

Comentarios

Publicacións populares