Empezamos co proxecto

Por fin xa adquirimos a nosa finca para poder levar adiante o proxecto de agricultura orgánica tradicional. A que non o parece???? Pois ahí está, detrás das silveiras.


É unha finca que ata fai uns 15 anos estivo a labradío pero dende aquela quedou abandoada e hoxe a maleza alcanza uns 4 metros de altura na maioría da finca. Quédanos moito traballo por diante.



Empezamos limpando as beiras do camiño polo menos para poder ver os marcos. O camiño, tamén estaba cheo de maleza.




Pouco a pouco chegamos a limpar manualmente uns tres ferrados e medio. O tempo acompáñanos. Un outono estupendo.



Comentarios

Publicacións populares